Metodoloxías
Aprendizaxe servizo
Presentación oral
Simulación
Descrición
Para o desenvolvemento do Programa de Acción Socioeducativa baseado nunha convocatoria pública simulada, así como para a súa presentación e defensa oral, será preciso acudir, como mínimo, a dúas sesións de titoría, nas que facer o seguimento por parte da docente. Estas sesións serán indicadas na aula.

Así mesmo, será obxecto de atención persoalizada o proxecto de aprendizaxe-servizo, tanto durante o desenvolvemento de sesións interactivas como en titorías marcadas de forma específica.