Metodoloxías Descrición
Lecturas Lectura de artigos de revistas sobre a temática das persoas maiores. Posterior comentario en grupos sobre os mesmos.
Proba obxectiva Exame tipo test.
O exame contará con arredor de 40 preguntas tipo test con tres alternativas de resposta e onde só unha é a correcta. Cada tres preguntas mal contestadas restarase o valor dunha resposta correcta.
Portafolios do alumno Pequenas prácticas de contidos desenvolvidos na aula que se realizarán nas clases interactivas.
Serán aproximadamente 7 prácticas nas que se farán de forma individual exercicios/casos como os exemplos explicados pola profesora nas clases.
Serán realizadas durante as clases interactivas.
Traballos tutelados Ao longo do curso, o alumno realizará alguna das prácticas de forma máis extensa. Sempre indicada e supervisada pola profesora.
Este tipo de traballo será realizado en pequenos grupos fóra da aula. Serán 2 prácticas: referidas á temática da Preparación para a Xubilación e aos Programas de Estimulación Cognitiva. Se expondrán ao resto dos compañeiros nas clases interactivas.
Obradoiro En prol do uso da lingua galega e como parte do "Programa Piloto para a docencia en galego no Grao en Educación Social" desenvolverase un Obradoiro no que se animará ao alumnado na utilización do galego como lingua vehicular desta metodoloxía na aula.
Sesión maxistral Explicación teórico/práctica por parte da mestra