Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exposición por parte do profesor dos contidos máis relevantes dunha determinada temática de especial interese e incidencia formativa. Vai acompañada de orientacións sobre a maneira máis adecuada de aprender os devanditos contidos
Traballos tutelados Ao comezo do curso fixaranse unha serie de actividades, individuais e colectivas, sobre os contidos máis relevantes do programa. O alumno deberá elaboralas e entregalas para a súa avaliación
Proba mixta As probas obxectivas da materia consistirán nunha serie de actividades, de carácter teórico e/ou aplicado, nas que o alumno deberá utlizar os coñecementos adquiridos na materia ao longo do curso

Discusión dirixida Discusión en grupo sobre algúns dos contidos do programa. Esta discusión ha de ir apoiada en coñecementos sobre o tema e argumentos. Moderada polo profesor da materia
Estudo de casos O alumno enfróntase á resolución dun caso, real ou suposto, ante o que ten que realizar unha avaliación, elaborar unhas conclusións e expor un proceso de intervención