Metodoloxías
Sesión maxistral
Traballos tutelados
Presentación oral
Descrición
A atención personalizada desta asignatura desenvolverase de forma presencial e non presencial. Para a comprensión das lecturas e para a realización dos traballos tutelados contaredes coa miña presenza no aula durante as sesións en grupos reducidos e, ademais, poderedes programar as tutorías presenciales que consideredes necesarias no horario que comunicarei ao comezo de curso. Hai unha tutoría presencial obligatoria para preparar o traballo grupal. Tamén estarei dispoñible de forma non presencial preferiblemente a través do correo electrónico (e tamén a través da plataforma Moodle).

Aqueles alumnos que se acollan ao recoñecemento de dedicación a tempo parcial ou dispensa académica (os que non se acollan á avaliación continua presencial de forma xustificada), deberán poñerse en contacto coa profesora ao comezo do curso e terán que asistir a unha tutoría para concretar as metodoloxías de avaliación. A súa avaliación basearase nun traballo sobre un libro (30% da nota), un traballo sobre unha película (30% da nota) e o exame presencial realizado na data oficial estipulada pola UDC (40% da nota). Para aprobar a materia é necesario aprobar tanto os traballos tutelados (sobre o libro e a película) como o exame.