Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Sesión maxistral A1 A5 A7 A9 A21 Valórase a presenza e implicación no desenvolvemento das clases, tanto prácticas (dinámicas de xogos, habilidades comunicativas, obradoiro de animación teatral...) como teóricas así como nos encontros con experiencias e profesionais do sector 60
Lecturas C5 C6 C7 O Dossier do alumnado que se porá a disposición do mesmo, serán artigos e documentos que, a longo das clases, o profesor poderá solicitar unha opinión sobre eles. Para computar positivamente ditas lecturas, o profesor formulará cuestións ao redor dos mesmos. 15
Estudo de casos B1 B3 B4 O profesor valorará as achegas razoadas do alumno/a. A súa capacidade de ligar os coñecementos das diversas materias, a madureza nas reflexións, as citas e a propia bagaxe experiencial do alumno/a. 25
Proba mixta A1 A7 Só para aquel alumnado que, por circunstancias excepcionais, non poida asistir regularmente á clase 0
 
Observacións avaliación

As persoas que non acadan un mínimo do 80% das sesións presenciais ou que dispoñan de dispensa académica por motivos xustificados, de querer superar a materia deberán:

Realizar unha proba teórico-aplicativa o día do exame que supón o 60% da cualificación deste alumnado. O traballo tutelado, para estas persoas, será de obrigado cumprimento en consenso co profesor (40%).