Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Portafolios do alumno B2 O portafolio estará formado por todos os exercicios que se vaian facendo ao longo da materia, máis unha valoración final por parte do alumnado das aprendizaxes realizadas na materia. Os traballos a incorporar son:
- Análise semanal do DOG durante o período lectivo. Elaboración dunha ficha predeterminada polo docente, por cada unha das políticas que se publican. Valorarase a presentación, a síntese da información contida na ficha, e o número de políticas recompiladas.
- Exercicio de autocoñecemento. Elaboración dunha ficha predeterminada polo docente. Valorarase a presentación e a profundidade da análise.
- Exercicio de ficha ocupacional. Elaboración dunha ficha predeterminada polo docente. Valorarase a presentación e a profundidade da análise.
- Exercicio de análise da formación. Elaboración dunha ficha predeterminada polo docente. Valorarase a presentación e a profundidade da análise.
- Exercicio de mapas conceptuais. Elaboración dunha ficha predeterminada polo docente. Valorarase a presentación e a síntese da análise.
- Exercicio sobre ferramentas de busca de emprego. Elaboración dunha ficha predeterminada polo docente. Valorarase a presentación e a síntese da análise.
- Exercicio de valoración final. Aprendizaxes adquiridas na materia (qué sabía, que aprendín, en qué seguir formándome). Relación/vinculación das aprendizaxes realizados coas materias cursadas no grao. Aspectos da materia observados no Practicum I e aspectos da materia a observar no Practicum II. Reflexións sobre a materia e aspectos a mellorar.
100
 
Observacións avaliación
ASISTENCIA
A asistencia ás sesións presenciais é obrigatoria. A asistencia xustifícase en base a que as clases son moi interactivas e se traballan aspectos procedimentais e actitudinais que son necesarios para aprobar a materia.
O alumnado con asistencia regular, que non acuda a unha clase na que se realice algunha actividade, terá que facela individualmente e entregala no prazo indicado na clase.
O alumnado que non asistan ó 80% das horas de clase terá unha cualificación de non presentado.
O alumnado que non presente todos os traballos da materia terá unha cualificación de non presentado.
Na oportunidade de xullo, o alumnado realizará un exame teórico sobre os contidos tratados na aula.
Aquelas persoas con matrícula a tempo parcial solicitarán unha titoría, antes ou inmediatamente despois do inicio da materia, co obxecto de establecer o réxime de asistencia, as actividades a realizar, o sistema de avaliación, e o proceso de supervisión e seguimento.

REQUIRIMENTOS PARA APROBAR A MATERIA
A cualificación final será o resultado da puntuación obtida no portafolio do alumnado, sendo indispensable obter a metade da cualificación para superar a materia.
Se un/ha alumno/a non acada o 80% da asistencia e/ou non presenta o portafolio, terá unha cualificación de non presentado.
Na oportunidade de xullo realizará un exame teórico sobre os contidos tratados na aula.

PLAXIO: O plaxio en calquera das actividades realizadas durante a materia, incluído o portafolio, será motivo de suspenso.

FALSIFICACIÓN DUNHA FIRMA: Asinar na folla de asistencia por un/unha compañeira ou compañeiro ausente será penalizado coa perda de avaliación continua.

NORMATIVA ACADÉMICA DE AVALIACIÓNS, CUALIFICACIÓNS E RECLAMACIÓNS
https://www.udc.es/export/sites/udc/normativa/_galeria_down/academica/Normas_avaliacion_revision_reclamacion_consolidado_l.pdf