Metodoloxías Descrición
Análise de fontes documentais Empregaranse documentos bibliográficos relevantes sobre os diferentes contidos a que o Practicum II dá prioridade, como base para a análise e a reflexión sobre a diversidade de experiencias con que se entre en contacto nas institución socioeducativas. É imprescindible entender a relación teoría-práctica e atender aos múltiplos factores que inciden no desenvolvemento da intervención socioeducativa, co obxecto de favorecer a construción dunha visión crítica das distintas formas de interpretar a realidade socioeducativa. O/a Titor/a da Facultade establecerá as lecturas obrigatorias que considere necesarias para o mellor desenvolvemento do Practicum.
Portafolios do alumno Memoria na que o alumnado rexistra e reflexiona sobre as aprendizaxes desenvolvidas durante o periodo de prácticas. Está organizada nos seguintes cinco apartados: Introdución; Deseño da proposta socioeducativa; Diario de Practicum; Referencias; Anexos.
O Diario de Practicum recollerá un mínimo de oito entradas organizadas temáticamente. Cada entrada debe contemplar unha descrición detallada e ordenada da situación obxecto de reflexión, unha análise reflexiva da situación descrita fundamentada nos coñecemento teoríco-prácticos, conclusións e propostas de mellora.
En todo momento garatirase a confidiencialidade das persoas implicadas.
Eventos científicos e/ou divulgativos O alumnado asistirán as xornadas formativa do Practicum incluindo a descrición e valoración das mesmas como unha entrada do Diario. A realización deste evento dependerá da existencia do orzamento necesario.
Seminario 1.Sesión informativa inicial (2 horas). Información xeral para comentar e precisar a Guía docente, así como as pautas de carácter xeral, e orientar o alumnado acerca da súa decisión á hora de elixir institución colaboradora. Tamén se explicarán as funcións das diferentes persoas que van a titorizar o Practicum.
2.Selección de institución (2 horas).
3.Tres seminarios de titoría durante o Practicum co profesorado titor da Facultade (6 horas).
- Antes de incorporarse á institución de prácticas o profesorado de Practicum, na data que se establecer, orientará o alumnado que titoriza cando menos sobre as seguintes cuestións: documentos que debe incluír no portafolios, lecturas imprescindibles e datas de entrega dos traballos solicitados, cronograma dos seminarios e calquera outra suxestión que estimar oportuna.
- Durante a realización do Practicum terá lugar a posta en común do traballo realizado ata o momento co fin de revisar a planificación proposta, formular e resolver as posibles necesidades e/ou conflitos percibidos. Trátase de seleccionar e analizar conxuntamente situacións ou procesos representativos do decorrer da práctica profesional. Tamén se comentarán os textos ou documentos seleccionados para este fin.
-Ao finalizar a estadía na institución, de avaliación e reflexión final do practicum.
Saídas de campo Constitúen as prácticas pedagóxicas: 350 horas de permanencia na institución socioeducativa durante as cales se realizarán tarefas de observación, análise de casos, colaboración en accións socioeducativas cos profesionais da propia institución, etc. Así mesmo, realízase o deseño dun proxecto de intervención socioeducativa (programación, actividade, plan de mellora, plan de avaliación, etc.) que se desenvolverá e avaliará segundo o determine o titor/a da institución.