Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A9 A11 A15 B1 B4 B5 B6 C1 C3 C4 Avaliación de prácticas feitas nas clases interactivas. As prácticas terán que ver coa análise e investigación de distintos produtos mediáticos asi como a aplicación da educación para os medios no campo da educación social.
35
Proba mixta A5 A11 A13 B1 B6 C1 C4 C6 C8 Creación conxunta e colaborativa dunha proba escrita con preguntas cortas e de argumentación sobre os contidos do dossier e outros contidos traballados nas clases. 30
Presentación oral A15 B1 B5 B6 C1 C3 Avaliación da presentación do produto mediático creado. O produto mediático consistirá nunha performance como acción social creada en grupo, conectando a educación mediática coa educación para o desenvolvemento e a cidadanía global. Entre os criterios de valiación están que o guión acade claramente o obxectivo buscado; a calidade técnica e estética; que a presentación sexa atractiva onde se conte o proceso de creación e as aprendizaxes acadadas; e a intervención de todos os membros do grupo.
35
 
Observacións avaliación

Os estudantes que asistan ao 80% das clases poden acollerse ao modelo de avaliación descrita levando a cabo os traballos ao longo das clases e participando na creación da proba mixta (haberá que obter un mínimo de 5 puntos en cada un deles para aprobar).

Os estudantes que non asistan de manera  xustificada ou non xustificada ao 80% das clases terán que realizar de forma individual un examen escrito, un portafolio individual coas prácticas e unha presentación oral do producto mediático creado. As porcentaxes serán as seguintes: Portafolio 20%; presentación oral 20%; exame escrito 60% (tendo que obter un mínimo de 5 puntos en cada apartado para aprobar). Este modelo de avaliación aplicarase tamén ao alumnado asistente que suspenda a materia na convocatoria de xuño e a aqueles que se presenten na 2º oportunidade de xullo.

Os estudantes que teñan recoñecida tanto a condición de estudante a tempo parcial como a dispensa académica especial terán que asistir ao 100% das clases expositivas sendo avaliados da seguinte manera: traballos tutelados 35%; presentación oral 35%, proba mixta 30%.