Metodoloxías Descrición
Proba de resposta breve Realizaráse ó final de curso e constituira entre o 50% da nota final
Sesión maxistral - Lección maxistral, onde se explicarán os fundamentos teóricos do curso
Eventos científicos e/ou divulgativos Asistencia e elaboración de memoria sobre distintas actividades de divulgación científica...
Prácticas de laboratorio Clases prácticas nas que os alumnos realizarán prácticas de EEG e potenciais evocados auditivos.
Realización de espirometrías



Aprendizaxe colaborativa - Seminarios nos que os alumnos desenvolverán traballos en grupos reducidos. Trátase de desenvolver a través da resolución de problemas aqueles aspectos mais importantes explicados nas sesión maxistrais.
A asistencia os seminarios é obrigatoria e a sua influencia na nota final da asignatura verase complementada pola participación do alumno, que será avaliada polas respostas ós problemas plantexados así como polas respostas, por escrito, a posibles preguntas prantexadas polo profesor.
-Co obxectivo de familiarizar ós alumnos no dominio do ingles, cumprindo unha das competencias transversais da titulación, farase a proposta o primeiro día de clase de facer un dos 3 grupos interactivos totalmente en inglés. Esta proposta levarase a cabo so se se reune un número mínimo de alumnos que permita o normal desenrolo dun grupo interactivo e ó mesmo tempo non afecte ós outros.

- Presentación de traballos por parte dos alumnos

Cada alumno debe realizar, obrigatoriamente, un traballo que consistirá na exposición diante dos seus compañeiros dun artigo científico, relacionado co tema da asignatura, que lle será proporcionado polo profesor. A realización deste traballo estará tutorizada polo profesor.

Todos os traballos que conleven presentación de documentos enviaránse en formato electrónico de xeito telemático.
Lecturas Discusións sobre aplicacións prácticas da fisioloxía.