Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Presentación oral B16 B24 A exposición do traballo realizado en grupo sobre un procedemento concreto de evaluación contará de modo individual en cada membro do grupo. 10
Obradoiro A16 A30 C3 A asistencia e presentación dos traballos derivados das clases interactivas contará ata un máximo dun 10% da nota global 10
Proba obxectiva A9 A22 É necesario superar unha proba obxectiva tipo test ao rematar o cuatrimestre. E imprescindible superar a proba para superar a asignatura 70
Traballos tutelados B9 B21 B24 Os traballos realizaranse en grupo e a nota do traballo será común para todos os membros do grupo. 10
 
Observacións avaliación

Para superar a asignatura será requisito imprescindible obter unha calificación mínima de 5 puntos (nunha escala 0-10) no exame final da asignatura e na parte práctica (asistencia as clases interactivas, presentación de traballos derivados das clases interactivas, traballo tutelado e presentación oral) de forma independente.

Na aplicación da "Norma que regula o réximen de dedicación ao estudo dos estudantes de grao na UDC" (aprobada en Consello de Goberno de 29 de maio de 2012), os alumnos aos que lle fora recoñecido a condición de estudantes a tempo parcial e a correspondente dispensa académica, quedarán eximidos da obligatoriedade de asistencia as sesións interactivas; nenbargantes, estos alumnos deberán entregar os correspondentes informes e traballos antes da data establecida para a realización do exame da asignatura.