Código Competencias do título
A1 Coñecer e integrar os fundamentos biolóxicos da Logopedia: a Anatomía e Fisioloxía.
A2 Coñecer e integrar os fundamentos psicolóxicos da Logopedia: o desenvolvemento da linguaxe, o desenvolvemento psicolóxico, a Neuropsicoloxía da linguaxe, os procesos básicos e a Psicolingüística.
A3 Coñecer e integrar os fundamentos lingüísticos da Logopedia: Fonética e fonoloxía, morfosintaxe, semántica, pragmática, sociolingüística.
A5 Coñecer e integrar os fundamentos metodolóxicos para a investigación en Logopedia.
A6 Coñecer a clasificación, a terminoloxía e a descrición dos trastornos da comunicación, a linguaxe, a fala, a voz e a audición e as funcións orais non verbais.
A19 Coñecer e implementar os Sistemas de Comunicación Aumentativa.
A20 Coñecer e implementar as axudas técnicas á comunicación.
A21 Saber deseñar e elaborar informes logopédicos.
A22 Saber deseñar, programar e avaliar a actuación logopédica.
A24 Coñecer o concepto de Logopedia, obxecto e método; A profesión de logopeda; A Historia da Logopedia; A deontoloxía e a lexislación relevante para o exercicio profesional.
A25 Coñecer a organización de institucións educativas, sanitarias e sociais.
A29 Adquirir a formación práctica para o traballo individual, grupal, cooperativo e de mediación con facilitador.
A30 Coñecer a actuación profesional e os contornos onde se desenvolve a práctica.
A31 Adquirir o desenvolvemento os recursos persoais para a intervención: habilidades sociais e comunicativas, habilidades profesionais, avaliación da propia actuación profesional, técnicas de observación, técnicas de dinamización ou toma de decisións.
A32 Utilizar tecnoloxías da información e da comunicación.
B1 Acceso, selección e xestión das fontes de información relevantes para a práctica profesional.
B2 Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo.
B4 Aprender a aprender.
B5 Aprender autonomamente, e motivarse para facelo de forma continuada.
B6 Capacidade de adaptarse aos cambios.
B7 Capacidade de análise e síntese.
B8 Capacidade de observar e de escoitar de forma activa.
B9 Capacidade de organizar e planificar.
B10 Capacidade para motivarse e procurar a calidade na actuación profesional.
B11 Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán e como profesional.
B12 Comunicarse de maneira efectiva nun contorno de traballo.
B13 Coñecer e manexar as novas tecnoloxías da comunicación e da información.
B14 Destreza e empatía nas relacións interpersoais.
B15 Poñer en valor a súa profesión no contorno en que desenvolve o seu traballo.
B16 Resolver problemas de forma efectiva.
B17 Saber expresarse en público.
B18 Ser creativo no exercicio da profesión.
B19 Ter compromiso ético.
B20 Ter iniciativa e espírito emprendedor.
B21 Tomar decisións con autonomía e responsabilidade.
B22 Traballar de forma autónoma con iniciativa.
B23 Traballar de forma colaborativa.
B24 Traballar en equipo e, de ser o caso, de forma interdisciplinar.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C2 Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.