Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exposición teórico-práctica. Agárdase que o alumnado se implique nestas sesións de forma participativa.
Obradoiro Combinación de diversas metodoloxías e probas (exposicións, debates, solución de problemas, prácticas guiadas etc.) a través das que o alumnado desenvolve tarefas sobre un tema específico co apoio e supervisión do profesorado.
Actividades iniciais Exame dos coñecementos previos relacionados coa materia. Actividades para coñecer as competencias, intereses e motivacións do alumnado. Preténdese obteer información relevante que permita articular unha docencia que favoreza a aprendizaxe eficaz e significativa.
Proba mixta Exame final, teórico e práctico, no que se amosarán os coñecementos e competencias adquiridos, tanto dende o punto de vista teórico como aplicado.