Metodoloxías Descrición
Proba de resposta breve Ao final do desenvolvemento dos contidos realizarase unha proba sobre a adquisición dos mesmos, que constará de preguntas cuxas respostas correctas poderán ser contestadas brevemente.
Sesión maxistral Exposición por parte do profesor/a dos contidos, ben na aula asignada ao grupo-clase, ou noutra aula dotada de deteminados apoyos didácticos.
Proba mixta No exame final da asignatura será unha proba mixta: parte de test e preguntas breves.
Traballos tutelados O alumnado realizará un traballo práctico, no cal fará unha búsqueda bibliográfica e información sobre programas de intervención logopédica. Unha vez analizados elixirá un deles para o cal deseñará a avaliación do mesmo. Deseñará ademais os instrumentos para a recollida da información, así como o tratamento que fará da mesma e fará unha proposta de informe final. Este traballo será realizado en grupo de como máximo tres alumnos/as.
(Se fose factible, dito traballo desenvolverase nun entorno real).