Metodoloxías
Discusión dirixida
Solución de problemas
Sesión maxistral
Prácticas a través de TIC
Traballos tutelados
Descrición
Dado que é unha materia eminentemente práctica, na cal a superación da mesma está ligada ao uso correcto da información recibida na presentación de traballos de investigación, o traballo persoal do/a alumno/alumna é unha parte fundamental da avaliación da mesma, supoñendo un número de horas (mínimo) similar ás horas presenciais no aula. A atención persoalizada ao alumno/a axudará a completar de forma individualizada a súa formación, principalmente na utilización das bases de datos científicas necesarias para a realización dos traballos tutelados, a realización e discusión das probas propostas durante o curso, así como do exame e dos comentarios de texto a presentar. No caso dos traballos tutelados esta atención cobra especial relevancia para que o/a alumno/a poda entregar un traballo apto para superar a materia.