Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Presentación oral da materia por parte dos profesores (docencia expositiva), guiada por medios audiovisuais. As sesións maxistrais pretenden transmitir coñecementos xerais sobre a materia e resolver dúbidas. Terán lugar os mércores de 16:00 a 18:00 horas.
Obradoiro Os alumnos desenvolverán tarefas eminentemente prácticas (tanto na aula como na casa) sobre temas específicos, con apoio e supervisión dos profesores: Estudo de casos clínicos, debate e discusión de contidos específicos da materia, revisión e análise de artigos científicos seleccionados polos profesores e relacionados coa materia, videos, comentarios sobre noticias actuais ...
Traballos tutelados O alumno realizará un traballo tutelado (experimental ou teórico) relacionado co programa. Independentemente do tipo de traballo seleccionado (experimental ou teórico), incluirá a revisión de artigos científicos (en castelán e inglés) sobre o tema elixido, e unha avaliación crítica dos mesmos. Ademais, o traballo debe ser exposto oralmente na clase co apoio de medios audiovisuais.
Proba de resposta múltiple Os temas presentados na clase durante as clases teóricas deberán ser superados a través dunha proba que constará de 40 preguntas con 4 opcións de resposta.