Metodoloxías
Traballos tutelados
Obradoiro
Descrición
A titorización de traballos tutelados e exercicios requeridos nos obradoiros poderase realizar nos horarios de titorías de forma presencial ou telemática por Teams, ou mediante correo electrónico: laura.lorenzo.lopez@udc.es. Ademais da atención personalizada que se realice a demanda do alumnado, haberá dous encontros obrigatorios para realizar o seguimento do traballo tutelado. A forma (presencial ou telemática) e o momento en que se desenvolverán tales encontros obrigatorios indicarase ao longo do curso.
-------------------------------------------------------------
Os estudantes con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e exención académica deberán indicalo ao inicio do curso para adoptar as medidas de atención personalizadas que sexan adecuadas en cada caso.