Metodoloxías Descrición
Traballos tutelados As prácticas deben necesariamente orientarse cara á elaboración dun informe sobre o seguimento da metodoloxía en dirección integrada de proxectos observada no centro de realización; a análise comparativa con metodoloxías de dirección integrada de proxectos, e a concreción de propostas de mellora como conclusión da análise.
1. As prácticas teñen como obxectivo fundamental complementar a formación teórica do alumnado e facilitar a súa inserción no mundo laboral ou investigador.
2. As prácticas permitirán a asimilación por parte do alumnado da realidade institucional, empresarial ou investigadora no ámbito das súas respectivas profesións futuras por medio da consecución, en particular, dos seguintes fins:
a) Formación integral do alumnado ao equilibrar a súa formación teórica e práctica.
b) Adquisición da metodoloxía de traballo adecuada á realidade na que haberá de actuar tras a súa incorporación ao mundo laboral ou investigador.
c) Obtención da experiencia profesional ou investigadora que facilite a inserción laboral do alumnado e mellore a súa empregabilidade.
d) Desenvolvemento da capacidade de decisión e do espírito crítico no ámbito da dirección integrada de proxectos.
e) Preparación do alumnado para o desenvolvemento de actividades colaborativas ou interdisciplinares