Resultados de aprendizaxe Competencias do título
A materia ofrece un estudo avanzado en polímeros e física da materia branda e química física: fundamentos e métodos. O obxectivo é ensinar aos alumnos os conceptos básicos da arquitectura das cadeas poliméricas, aspectos básicos das propiedades de disolucións de polímeros, interaccións e relación coa estrutura química, incluíndo o comportamento de fases. Tamén se pretende proporcionar perspectiva nas técnicas experimentais de dispersión, análise e interpretación de datos en relación á caracterización de materiais. Ofrécese unha introdución á teoría de difracción e á instrumentación. Ademais, presentaranse exemplos seleccionados de materiais poliméricos con vistas a desenvolver a experiencia e o coñecemento de aspectos prácticos. AI1
AI2
AI5
BI1
BI2
BI4
BI8
BI13
BI17
BI21
CI2
CI6
CI7
CI8