Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Explicación de conceptos teóricos e prácticos para que o alumno adquira as habilidades para o desenvolvemento da profesión
Traballos tutelados Os alumnos realizasen traballos tutelados para obter:
- Coñecemento da materia
- Habilidades para o traballo en grupo
- Habilidades para a profesión
Presentación oral Exposición na aula dos traballos realizados
Solución de problemas Técnica mediante a que ha de resolverse unha situación problemática concreta, a partir dos coñecementos que se traballaron, que pode ter máis dunha posible solución
Estudo de casos Metodoloxía onde o alumno enfróntase ante a descrición dunha situación específica que expón un problema que ha de ser comprendido, valorado e resolto por un grupo de persoas, a través dun proceso de discusión. O alumno sitúase ante un problema concreto (caso), que lle describe unha situación real da vida profesional, e debe ser capaz de analizar unha serie de feitos, referentes a un campo particular do coñecemento ou da acción, para chegar a unha decisión razoada a través dun proceso de discusión en pequenos grupos de traballo.
Proba obxectiva Realización dunha proba na que o alumno reflicte os coñecementos adquiridos