Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Presentación e desenvolvemento dos temas teóricos e prácticos citados no apartado de contidos
Proba obxectiva Unha proba obxectiva que consistirá nun examen teórico e práctico dos contidos da asignatura.
Solución de problemas Ao longo do curso proporanse unha serie de problemas das distintas partes de asignatura, co obxectivo de complementar a formación teórica incluida nas sesións maxistrais.

Prácticas de laboratorio Ao longo do curso realizarase unha práctica de laboratorio, que será de obrigada asistencia, e trala cal será necesario entregar unha memoria, na que se abordará un problema relacionado con ditas prácticas. A realización e entrega en prazo desta memoria, cuxo obxectivo, extensión e datas de entrega publicaranse na web (Moodle) da asignatura e faranse públicas nas clases presenciais, é tamén obrigatoria para superar a asignatura.
Presentación oral Presentación do traballo tutelado en grupo fronte o resto de alumnos e o docente da materia
Traballos tutelados Ao longo do curso serán propostos dous traballos tutelados. Un deles será de carácter individual e o outro realizarase en grupo.

Ambolos dous serán de caracter obrigatorio e, será imprescindible a realización dos mesmos para superar esta materia. Asimesmo, será tamén imprescindible a presentación oral do traballo tutelado a realizar en grupo.

A presentación pública terá lugar nas horas lectivas do horario da materia, podendo acordar cos alumnos, en casos excepcionáis e sempre a criterio do profesor, outros horarios de defensa.

Os detalles das datas/prazos dos traballos, así como o seu contido, publicaranse na web (Moodle) da asignatura e se farán públicas nas clases presenciais.