Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba obxectiva A2 B5 B13 C2 C7 C12 A cualificación máxima da proba obxectiva será dun 25 % da nota final do alumno.

Será necesario obter máis de 4 Puntos sobre 10 na proba obxectiva para poder superar a asignatura.


25
Prácticas de laboratorio A2 B13 B5 C2 C7 C12 A asistencia ás prácticas de laboratorio, así como a realización e entrega en data da memoria de prácticas, é imprescindible para superar a asignatura. A penalización por non entregar a devandita memoria en prazo é a mesma que no caso dos traballos tutelados.

A cualificación da memoria das prácticas de laboratorio representará un máximo dun 5% sobre a nota da asignatura.

No caso de que estas prácticas non puidesen ser planificadas, a súa contribución repartirase proporcionalmente no resto de metodoloxías.

5
Presentación oral A2 B5 B13 C2 C7 C12 A cualificación da presentación oral do traballo tutelado en grupo, así como a participación na avaliación das presentacións do resto de alumnos, supoñerá un máximo dun 10 % da nota final.

No caso de que esta presentación non se programe (o que se definirá ó comezo de curso e se publicará no Moodle da asignatura), a nota do traballo tutelado en grupo incrementarase ata ó 15%.

Aqueles alumnos que non entreguen o traballo tutelado en plazo para a súa avaliación na convocatoria ordinaria, e non realicen a presentación oral, terán unha calificación de 0 puntos neste apartado.
10
Traballos tutelados A2 B5 B13 C2 C7 A calificación do traballo tutelado individual representará un máximo dun 55% sobre a nota da asignatura.

A calificación do traballo tutelado en grupo representará un máximo dun 5% sobre a nota da asignatura.

As datas de entregas dos traballos tutelados publicitaranse a principio de curso, nas clases presenciais e na plataforma Moodle da asignatura. Todos aqueles alumnos que non respeten estas datas de entrega, terán unha penalización dun 50 % da cualificación obtida. Esto é de aplicación tamén a aqueles alumnos que se presenten na convocatoria de segunda oportunidade ou na adiantada.

60
 
Observacións avaliación

Dado
que a asistencia ás clases non se evalúa dentro da asignatura, os
requisitos que aqueles alumnos con dispensa de asistencia a clase terán
que cumprir, tanto en primeira como en segunda oportunidade, serán os
mesmos requisitos que aqueles sen esta dispensa, con excepción de non
ser necesaria a realización da presentación oral do traballo tutelado en grupo,
nin a asistencia ás prácticas de laboratorio, nin a memoria destas
prácticas. Con todo, na data do exame correspondente, estes alumnos deberán
realizar un exame de prácticas, cuxa cualificación corresponderase cun 5 %
do total, e deberán responder a unha serie de preguntas sobre o
traballo tutelado en grupo, que contabilizarán cun 10 % do total.