Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba obxectiva A1 Exame con 60 preguntas tipo test de catro opcións posible cunha única resposta válida. Para superar este apartado será necesario conseguir un 60% de respostas válidas. 80
Obradoiro A1 B1 B4 B5 B7 B21 Farase unha avaliación da actitude, participación e coñecementos achegados. 5
Prácticas de laboratorio A1 B1 B2 B4 B5 B7 B21 Realización de prácticas con maquetas e elaboración dun cadernillo de prácticas. Asistencia a seminario de disección anatómica no caso da súa organización no curso. 10
Solución de problemas A1 B1 B2 B4 B6 Sesións debate de dúbidas e problemas. 5
 
Observacións avaliación

Para superar a materia é necesario asistir á totalidade das prácticas e superar a avaliación final das mesmas con polo menos 5 sobre 10, así como obter unha media de 6 (sobre 10) na cualificación do exame e 5 sobre 10 no total da materia. 

Convocatorias de segunda e posteriores matrículas: Para aqueles alumnos/as que cursen a materia e realicen as prácticas obrigatorias de forma completa coa cualificación de apto, deben de ter en conta que poden volver cursar toda a materia novamente ou presentarse só ao exame teórico final, tendo en conta que a cualificación do exame teórico fará media coas cualificacións das prácticas, talleres, traballos tutelados e clases maxistrais do curso académico no que cursase as prácticas.
 Para os alumnos con matrícula parcial: poderán obter a cualificación da materia coa modalidade ordinaria ou modalidade na que a proba mixta supón o 90% da cualificación e o outro 10% a elaboración do caderno pequeno de prácticas. Nesta modalidade será obrigatorio superar ambas as partes para superar a materia.
 Convocatorias da oportunidade adiantada de avaliación: Para aqueles alumnos/as que solicitasen a oportunidade adiantada de avaliación, cumpran cos requisitos e concédaselle poderán presentarse ao exame teórico final cuxa cualificación suporá o 100% da cualificación da materia.
 A cualificación de non presentado: outorgarase a aqueles alumnos que non se presentan ao exame nin a ningunha das prácticas.