Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exposición oral e con medios audiovisuais dos temas que compoñen o programa da materia.
Obradoiro Sesións sobre os temas expostos na sesión maxistral co fin de aclarar puntos craves e/ou dúbidas dos alumnos. Combinaranse diversas metodoloxías/probas (exposicións, simulacións, debates, solución de problemas, prácticas guiadas, casos clínicos, etc) a través do que o alumnado desenvolve tarefas eminentemente prácticas sobre un tema específico, co apoio e supervisión do profesorado
Proba de resposta múltiple 50 preguntas con 5 respostas das cales só unha é correcta. Non se aplica factor de corrección polas respostas non acertadas.