Materias que se recomenda ter cursado previamente
Anatomía específica do membro inferior/750G02002
Sistemas de Información e Comunicación en Ciencias da Saude/750G02010
Podología xeral/750G02012
Biomecánica do membro inferior/750G02013
Ortopodoloxía 1/750G02017

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Farmacoloxía/750G02009
Radiodiagnóstico e Radioprotección/750G02014
Ortopodoloxía 2/750G02018

Materias que continúan o temario
Ortopodoloxía 3/750G02019
Patoloxía Podolóxica 2/750G02022
Podoloxía Física/750G02023
Podoloxía Deportiva/750G02025
Pe de risco/750G02031
Prácticum 1/750G02033
Prácticum 2/750G02034
Prácticum 3/750G02035

Observacións

IMPORTANTE PRÁCTICAS DE LABORATORIO Para as prácticas de laboratorio é un requisito imprescindible acudir a estas co seguinte material individual por alumno/a: - Lapis dermográfico ou rotulador cirúrxico - Fita métrica flexible (non metálica) - Goniometro e pantalón curto.

AVISO

Na primeira clase do curso, estableceranse os grupos de prácticas, grupos de traballo de seminarios e casos clínicos para configurar o cronograma, polo que é básico asistir a esa primeira clase da materia, aqueles alumnos que non asistan a esa primeira sesión serán incluídos nos grupos de forma arbitraría para conseguir o equilibrio numérico entre estes.

Para axudar a conseguir unha contorna inmediata sustentable e cumprir co obxectivo da acción número 5: “Docencia e investigación saudable e sustentable ambiental e social” do "Plan de Acción Green Campus Ferrol":

  • A entrega dos traballos documentais que se realicen nesta materia realizarase entregaranse en formato dixital e en papel sen empregar plásticos, con impresións a dobre cara, empregando papel reciclado e evitando a impresión de borradores.
  • Débese facer un uso sostible dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural tendo en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sostenibilidade nos comportamentos persoais e profesionais
  • Facilitarase a plena integración do alumnado que por razón físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimenten dificultades a un acceso axeitado, igualitario e proveitoso á vida universitaria
  • Traballaráse para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas, e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade, no caso de detectar situacións de discriminación por razón de xénero tomaranse medidas para corrixilas.

Na realización dos traballos da materia, o plaxio e a utilización de material non orixinal, incluído aquel obtido a través da internet, sen indicación expresa da súa procedencia e, se é o caso, o permiso do seu autor/a, será cualificado con suspenso (0,0) na actividade. Todo iso sen prexuízo das responsabilidades disciplinarias ás que puidese haber lugar tras o correspondente procedemento.