Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exposición oral e con medios audiovisuais dos temas que compoñen o programa da materia.
Obradoiro Sesións sobre os temas expostos na sesión maxistral co fin de aclarar puntos craves e/ou dúbidas dos alumnos. Combinaranse diversas metodoloxías/probas (exposicións, simulacións, debates, solución de problemas, prácticas guiadas, casos clínicos, etc) a través da que o alumnado desenvolve tarefas eminentemente prácticas sobre un tema específico, co apoio e supervisión do profesorado.
Traballos tutelados Realizarase un traballo individual sobre dous casos clínicos no que o paciente teña prescrito polo menos dous fármacos e pola súa patoloxía podológica prescríbaselle polo menos un fármaco.
Presentación oral Exposición oral un dos dous casos clínicos expostos no traballo tutelado. O profesor decidirá cal dos dous casos debe presentar o alumno.
Proba de resposta múltiple 50 preguntas con 5 respostas das cales só unha é correcta. Non se aplica factor de corrección polas respostas non acertadas.