Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral As sesións maxistrais consisten en clases expositivas-participativas dos contidos básicos da materia, con apoio de imaxes, graficas, esquemas, etc. As sesións maxistrais centraranse nos contidos principais do temario.
Seminario Nos seminarios abordaranse temas específicos das unidades didácticas do temario da materia, sobre os cales se desenvolverán actividades en grupo.
Prácticas de laboratorio A asistencia á totalidade das prácticas é obrigatoria e ás mesmas cada alumno/a deberá ir provisto de bata branca, lentes de protección e tesoiras multiusos.
Nas prácticas, cada alumno/a debe ser capaz de alcanzar os seguintes obxectivos:
· Coñecer o instrumental, aparataxe e mobiliario necesarios para a práctica da quiropodoloxía.
. Adestrarse no funcionamento, utilización e manexo do instrumental e aparataje.
· Confeccionar unha historia clínica quiropodolóxica.
· Coñecer e realizar distintos tipos de vendaxes e curas de feridas, úlceras e lesions térmicas.
· Realizar técnicas de quiropodia.
· Realizar técnicas de exploración e diagnóstico quiropodolóxico.
· Aplicar métodos de reanimación e resucitación cardiopulmonar.
· Realizar técnicas de tratamentos quiropodolóxicos e de administración de fármacos.
Ao finalizar todas as prácticas cada alumno/a deberá entregar unha memoria de prácticas no prazo fixado ao comezo da materia.
Traballos tutelados Realizarase un traballo en grupo dun tema relacionado coa materia cuxos requisitos e prazo de entrega comunicaranse ao comezo da docencia da materia.
Proba mixta Exame de preguntas (test e preguntas curtas) relacionadas cos contidos da materia tanto en sesións maxistrais como en seminarios e prácticas de laboratorio. O día do exame facilitarase información sobre a puntuación das preguntas.