Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral As clases teóricas desenvolveranse seguindo a metodoloxía de clases expositivas participativas e o estudo e análise de artigos científicos relacionados coa materia que serán entregados polo profesor en combinación con sesións clínicas sobre casos reais segundo horario aprobado en Xunta de Centro utilizándose para o seu desenvolvemento medios audio visuais como presentacións e vídeos didácticos.
Proba mixta Pediráselles aos alumnos que realicen traballos relacionados coa materia. Serán expostos polos propios alumnos en clase, e discutidos entre todos
Prácticas de laboratorio Terán lugar dirante o primeiro cuadrimestre nos laboratorio que para ese efecto dispón na planta baixa da Facultade de Enfermería e Podoloxía. Estas prácticas comprenden a simulación sobre modelo animal de técnicas propias de cirurxía do pé. Será obrigatoria a asistencia ao 100% destas prácticas para todo o alumnado matriculado nesta materia.
Obradoiro Realización de traballos en grupo
Traballos tutelados Poderase realizar, traballos, posters a cursos, etc. que se valorarán para mellora da nota final da materia. Estes traballos terán a orientación dos profesores.