Metodoloxías Descrición
Prácticas clínicas As prácticas clínicas consisten na participación gradual e supervisada do alumnado no proceso de atención podológica integral cos pacientes reais que sexan atendidos polos diferentes servizos da Clínica Universitaria de Podoloxía e as prácticas externas nos servizos do Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol. O alumnado participará de forma activa, sempre baixo supervisión, en todo o proceso de atención clínica: a xestión de datos clínicos; a exploración física e a xestión de probas complementarias e interpretación das mesmas; o diagnóstico, a prescrición, indicación, obtención e/ou aplicación dos diferentes tratamentos, así como o seguimento das afeccións tratadas e a súa evolución. Do mesmo xeito participará de forma activa nas sesións clínicas dos servizos. A asistencia ás prácticas clínicas é obrigatoria.
A ausencia a prácticas só estará xustificada no caso de producirse algunha das seguintes causas (recollidas no artigo 12 das Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e máster universitario, aprobada polo Consello de Goberno da UDC), debidamente acreditada (con xustificante con data do mesmo día da ausencia que deberá de ser entregado antes de pasados 3 días da ausencia na administración da CUP), enfermidade ou lesión que incapacite para a realización da práctica, falecemento dun familiar ata o segundo grao, citación xudicial que coincida coa data da práctica, asistencia a unha sesión do Claustro ou do Consello de Goberno da UDC que coincida coa data da práctica, o/a estudante terá dereito a non recuperala ata un máximo de 3 prácticas. Cada ausencia xustificada adicional penalizárase con -0,25 puntos na evaluación contínua no servizo no que se ausentase. Un número maior a 8 de faltas xustificadas ou a existencia de faltas inxustificadas suporá o suspenso da materia.
Calquera suposto que se presente no límite da presente norma poderá ser revisado polo conxunto de profesorado do Prácticum para o curso en vigor, debendo adoptar unha resolución por unanimidade e a condición de que o alumno/a demostrase a adquisición das competencias superando os requisitos de avaliación previstos para o Prácticum II.
A fin de permitir a formación complementaria do alumno dentro das mesmas tamén poderán recoñecerse como tales prácticas a asistencia a actividades de relevancia e interese para a titulación. Da participación en tales actividades deberase de entregar o certificado de asistencia antes de que pasen 3 días desde a súa celebración e comunicando a intención de asistir con polo menos 10 días de antelación ao profesor que lle corresponda impartir a docencia ese día e ao coordinador da materia. Entre estas actividades das que se poden recoñecer un máximo de 4 ausencias a prácticas son:
- Congreso Nacional de Podoloxía
- Xornadas Galegas de Podoloxía
- Congresos Internacionais de Podoloxía
- Congreso de Estudantes de Podoloxía
- Xornadas Laboralia
- Actividades del Plan de Acción Green Campus Ferrol
- Outras actividades que poidan ser valoradas polos docentes desta materia

Todo o alumnado debe de asistir no grupo no que está inscrito e dado que debe de asistir todos os días a prácticas non existe a posibilidade de cambiar prácticas.

Existirán follas de control de asistencia nas que o alumno debe de asinar ao entrar en prácticas no mostrador de administración (estarán dispoñibles de 9.00 a 9.15). A firma é a garantía da asistencia do alumno polo que a ausencia desta poderase entender como unha falta ás prácticas. Calquera falta xustificada debe de documentarse adecuadamente coa causa e datas do día e entregarse ao responsable do Prácticum 2 directamente ou deixala en administración antes de pasados 3 días desde a ausencia.
A puntualidade na asistencia ás prácticas é de obrigado cumprimento, rexistrarase calquera hora de chegada posterior ás 9:15, as faltas de puntualidade serán penalizadas podendo chegar a supor o suspenso da materia.
Todo procedemento e tratamento será supervisado polo docente responsable de cada práctica. E tras a mesma será este quen estableza o prazo de próximas visitas e/ou revisións.
Durante todas as prácticas o alumno deberá de levar pixama e calzado sanitario branco, así como un bolígrafo de 4 cores, lentes de protección. Do mesmo xeito deberán de respectarse as normativas da CUP (http://www.udc.es/fep/cup/), a lexislación vixente e o Código Deontolóxico de Podoloxía moi especialmente no a segredo profesional refírese mantendo a orde e a limpeza en todo momento.

A presentación da materia será o miércoles 12-9-2018 ás 10:00h na aula da Clínica Universitaria de Podoloxía coa indumentaria de prácticas e o 13-9-2018 ás 13:00h no Hall el CHUF (Hospital Arquitecto Marcide) coa bata de prácticas. O inicio das prácticas será o martes 18-9-2018 segundo o horario oficial da materia e o calendario lectivo así como os rotatorios da materia que se comunicarán o día da presentación da materia.
Portafolios do alumno Esta parte do Prácticum II consistirá no desenvolvemento de competencias relacionadas coa xestión documental clínica (elaboración da historia clínica, petición de probas complementarias, elaboración de informes clínicos, etc.), e a realización de seminarios e sesións clínicas para o desenvolvemento de competencias como emitir un diagnóstico e un prognóstico, interpretar os resultados das probas complementarias ou manter actualizados os coñecementos, habilidades e actitudes, mediante a lectura crítica e a discusión de publicacións científicas.

Para iso todos os alumnos/as deben de elaborar e entregar a través da plataforma Moodle-Gnosis en formato PDF nomeando ao arquivo con Apelido1_Apelido2_Nome.PDF as seguintes tarefas:
I.- Entregar un caso clínico dos pacientes vistos polo alumno. No devandito caso clínico xustificaranse os procedementos realizados e valorarán as alternativas en base á bibliografía científica e a evidencia científica dos mesmos incluíndo documentación fotográfica do mesmo. Extensión 3-20 follas por caso clínico, contando ademais cunha portada na que se inclúa o nome do alumno, o título do caso sobre o que versa e o servizo ao que fai referencia.
Devandito caso clínico constará dos seguintes apartados:
- Anamnesis e antecedentes podológicos.
- Exploración física.
- Probas complementarias.
- Tratamentos aplicados: descrición, valoración, xustificación e resultados.
- Alternativas ao tratamento aplicado.
- Bibliografía (Vancouver).
- Informe clínico para entregar ó doente.
- Folla de consentimento para comunicación e publicación do caso clínico cuberto polo/a alumno/a e firmado polo doente.
II.- Memoria das actividades do servizo de Cirurxía Ortopédica e Traumatología:
IIa.- Memoria Servizo de COT
Entrega da memoria cos seguintes apartados: 50% ou 5 puntos
a) Identificación: Nome e apelidos, correo electrónico e grupo de Practicum
b) Calendario do grupo prácticas e lugar de realización
c) Descrición detallada das actividades de realizadas en
i. Unidade de Hospitalización
ii. Consultas externas
iii. Quirófano convencional
iv. Quirófano de CMA (Cirurxía Maior Ambulatoria)
v. Sesións clínicas
Presentación da memoria no prazo establecido (15 días post-rotación): 10% ou 1 punto
A extensión da memoria será de 5 folios como máximo.
-Análise crítica das tarefas realizadas durante a rotación COT
Análise crítica das tarefas realizadas durante a rotación: 10% ou 1 punto
IIb.-Casos clínicos relevantes COT
Descrición de 2 casos clínicos relevantes: 20% ou 2 puntos
IIc.-Descrición de bibliografía consultada durante a rotación COT
Descrición de bibliografía consultada durante a rotación: 10% ou 1 punto
Proba obxectiva Os días de xaneiro marcados no calendario oficial de exames, realizaranse ao longo dos mesmos un exame final individual no que se avaliará calquera das competencias a adquirir detalladas neste programa.
Este exame será de carácter práctico clínico, con pacientes reais sen esquecer a base da aplicación da teoría á práctica polo que ademais incluirase unha proba escrita dentro do mesmo correspondente ao Servizo de Quiropodología e Cirurxía do pé. O exame erá elaborado en consenso polo conxunto dos profesores que de cada servizo.
O tipo e a planificación do exame detallarase polo menos 15 días antes á data de exame. Este exame constará de dous partes unha correspondente ao Servizo de Quiropodología e Cirurxía do pé e outra correspondente co Servizo de Patoloxía mecánica e Tratamentos físicos e ortopodológicos para superar o exame e a materia será necesario obter unha cualificación de aprobado en cada unha das partes.