Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Presentación oral A57 A59 A60 B7 B9 B18 B21 C1 C2
O alumno defenderá publica e presencialmente o traballo presentado.
A defensa consistirá na exposición oral do traballo durante un tempo máximo de 10 minutos, en que se dará conta dos seus aspectos máis salientables. O alumno poderá axudarse dos medios informáticos e audiovisuais que estime pertinentes.
Logo da exposición, os membros do tribunal poderán formular as preguntas e solicitar as aclaracións que consideren oportunas para poder xulgar o traballo, as cales os alumnos deberán dar resposta. O tempo máximo establecido para esta defensa será de 15 minutos.
A nota máxima acadad neste apartado será de 2 puntos.
20
Traballos tutelados A56 A57 A58 A60 B1 B2 B3 B4 B6 B9 B11 B12 B14 B16 B19 B21 C1 C2 C4 C6 C7 C8 A avaliación do TFG realizarse segundo os criterios aprobados pola comisión de docencia e xunta de facultade. Estos criterios serán expostos na plataforma Moodle para o coñecemento das partes implicadas.

O titor deberá de emitir unha calificación sobre o traballo realizado seguindo os criterios. A calificación máxima do titor será de 3 puntos.

O tribunal reunirase nunha sesión extraordinaria destinada a avaliar os TFG presentados polo alumnos . A calificación máxima neste apartado será de 5 puntos. Para poder aprobar a matería será necesario atinxir neste apartado cando menos 2,5 puntos sobre 5.
80
 
Observacións avaliación

O tribunal avaliador contará con todas as calificacións precisas para establecer a calificación final.

O/A  secretarío/a do tribunal cubrirá a acta e calificación final do TFG, que se fará públicaao finalizar a avaliación de todos os alumnos presentados nesa convocatoria.

No caso de que un/ha alumno/a sexa declarado/a non apto/a o tribunal faralles chegar tanto a el/a como ao/s titor/es do traballo as recomendacións que considere oportunas. 

No caso de non superar a avaliación do tribunal do traballo tutelado (calificación inferior a 2,5 puntos) a calificación que constará na acta de avaliación será a calificación acadad nese apartado en base 10.