Metodoloxías Descrición
Seminario A atención personalizada, que se describe en relación a estas metodoloxías concíbense como momentos de traballo presencial onde se traballan contidos de forma máis explicita apoiándose na resolución de casos prácticos, o que implica unha participación activa do alumno na actividade. A través da plataforma virtual, o profesor programará as actividades correspondentes segundo o plan de traballo da materia.
Simulación Baséase na configuración de situacións de risco que necesitan dunha atención de emerxencia, similares ás que se producen nun contexto real, coa finalidade de utilizalas como experiencias de aprendizaxe,co obxectivo de pór ao alumno ante unhas condicións hipotéticas nas cales se proba a súa comportamiento, os seus coñecementos, a súa capacidade de analizar alternativas e as súas consecuencias. Permite adquirir as competencias xenéricas asignadas a esta materia.
Lecturas Lectura e estudo da bibliografía seleccionada previamente polo profesor, como fuente de información e profundización nos contidos da materia.
Proba mixta Proba escrita sobre os contidos do programa da materia de Atención sobre situacións de urxencia onde o alumno deberá responder a preguntas relacionadas e casos prácticos, co fin de valorar a resposta esperada asi como a capacidade de razoamento e sintesis dos coñecementos adquiridos. Esta proba final realizarase na Convocatoria Oficial (na data oficial do centro).
Sesión maxistral Método expositivo de lección na aula impartida polo profesor con participación do alumno, co apoio dos medios audiovisuais necesarios.