Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta A34 B2 B3 B12 C1 C6 Proba escrita sobre os contidos do programa da materia de Atención sobre situacións de urxencia onde o alumno deberá responder a preguntas relacionadas e casos prácticos, co fin de valorar a resposta esperada asi como a capacidade de razonamiento e sintesis dos coñecementos adquiridos. Esta proba final realizarase na Convocatoria Oficial (na data oficial do centro). 80
Seminario A34 B1 B2 B3 B12 C6 A asistencia e participación activa na aula a través dos grupos de traballo, onde se evaluará a adquisición de competencias específicas e transversais, suporá o 10% da cualificación final. 20
 
Observacións avaliación
PRIMEIRA OPORTUNIDADE: A avaliación anteriormente descrita é OBRIGATORIA para todos os alumnos con MATRICULA COMÚN que se presenten á primeira oportunidade. levará a cabo unha avaliación continua onde a aplicación das porcentaxes correspondentes realizarase a condición de que o alumno teña todas as probas (Dossier de exercicios e Proba de ensaio/desarrolllo) superadas de maneira independente. Cando o alumno non supere de maneira independente una ou máis probas suporá a cualificación de SUSPENSO en acta. Se a media aritmética supera o 5, ao non superar algunha das avaliacións, figurará cun 4,5 en acta. O feito de non presentarse a algunha das probas implica figurar en acta como NON PRESENTADO.
SEGUNDA OPORTUNIDADE: Para a Segunda Oportunidade o alumno será avaliado mediante un exame único escrito que se corresponderá coas datas oficiais aprobadas en Xunta de Facultade.
MATRÍCULA PARCIAL: Para os alumnos de MATRICULA PARCIAL poderán optar por examinarse por escrito en primeira e segunda oportunidade nun único exame que se corresponderá coas datas oficiais aprobadas en Xunta de Facultade, onde se aplicarán as porcentaxes relativas a cada parte do contido da materia.
OPORTUNIDADE ADIANTADA.Os alumnos que soliciten OPORTUNIDADE ADIANTADA deberán examinarse por escrito a través dun único exame que se corresponderá coas datas oficiais aprobadas en Xunta de Facultade.
MATRÍCULA DE HONRA: Poderán optar a matrícula de Honra aqueles alumnos cuxa media supere o 9,5. O profesor da materia poderá considerar criterios adicionais nos resultados obtidos polos estudantes en calquera das accións formativas programadas na guía docente da materia.