Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral É un tipo especial de lección impartida por un profesor , cun contido que supón unha elaboración orixinal e baseada no uso fundamental da palabra como vía de transmisión da información á audiencia.
Tambien úsanse como apoio as ferramentas TIC
Traballos tutelados
Os alumnos poderán realizar un ou varios traballos, baseándose no traballo individual ou en grupo dos alumnos. O profesor fará un seguimento da aprendizaxe dos alumnos.
Pódense concertar tutorías específicas para avaliar a evolución do aprendizaje.

O traballo tamén pode consistir en realizar unha presentación en clase do traballo preparado previamente por un alumno.
Proba obxectiva
Proba escrita utilizada para a avaliación da aprendizaxe. Constitúe un instrumento de medida, elaborado rigorosamente, que permite avaliar coñecementos, capacidades, destrezas, rendemento, aptitudes, actitudes, intelixencia, etc.

A proba obxectiva final, na data oficial aprobada pola Universidade, pódese complementar cunha ou varias probas ao longo do cuadrimestre para valorar a evolución da aprendizaxe, estas probas poderán realizarse: presencialmente en clase ou a través de internet, na plataforma Moodle. En todos os casos avisarase con antelación suficiente para a súa adecuada preparación. Nestas probas pódense combinar distintos tipos de preguntas: breve desenrolo dun tema, de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación. Si a puntuación obtida en cada tema e superior ao tres, a nota final se obtiene como media aritmética. Si e inferior ou non se pudo facer algunha por causa xustificada, deberá realizar a parte corrrespondente en la prueba obxetiva final.