Metodoloxías
Presentación oral
Descrición
A atención personalizada enténdese coma unha orientación enfocada a mellorar e incrementar os coñecementos básicos previos dos alumnos, aprendendo a discernir entre a bibliografía máis adecuada e actualizada, axudando a centrar o tema obxecto dos seminarios e traballos tutelados, contribuíndo á mellora e ó fomento do espírito crítico dentro da metodoloxía científica. Os alumnos recibirán unha hora de atención personalizada a través da plataforma Teams da UDC, na que se creará un equipo específico para esta materia.