Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Nas clases presenciais exporánse os fundamentos teóricos da materia e estableceranse os criterios para que o alumno desenvolva os conceptos básicos mediante lecturas e traballos. Nas devanditas clases buscarase a interacción entre os profesores e os alumnos.
Seminario Nos seminarios preténdese incidir na aplicación dos conceptos teóricos.
Prácticas de laboratorio Nas prácticas realizarase unha visita técnica a unha instalación de produción acuícola ou de tratamento de auga, e caso de ser posible veránse as metodoloxías de control da calidade da auga.
Proba mixta Ao final do curso, nas datas previstas para iso, realizarase unha proba escrita para valorar os coñecementos adquiridos polo alumno.