Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral As sesións maxistrais consistirán en clases presenciais onde se levará a cabo a exposición do temario por parte do profesor.
Seminario Traballos de maior ou menor extensión relativos a unha parte específica da materia que, previamente propostos aos alumnos, son discutidos co profesor en grupo ou individualmente.
Estudo de casos Conxunto de actividades prácticas nas que o alumno debe participar de maneira directa. Levará a cabo o estudo de temas específicos, para o que se expoñen unha serie de casos prácticos concretos que requiren que o alumno identifique un problema e propoña e desenvolva o procedemento pertinente para interpretar os resultados e establecer as conclusións adecuadas, de acordo todo iso cos contidos teóricos tratados na materia.
Proba mixta Proba que constará dunha serie de cuestións curtas relacionados co programa da materia.