Metodoloxías Descrición
Traballos tutelados Os alumnos elaborarán un traballo a partir dun artículo científico recente ou de exemplos de procesos de química sostible, directamente relacionados co suxeito do curso, que poderán expoñer públicamente. En dito traballo, concertado previamente co profesor, o alumno de forma xeral, deberá sinalar os puntos máis relevantes, así como a comprensión do mesmo a través dun pequeno resumo. Avaliarase a capacidade de resumir, ordear e expoñer os conceptos do tema que presenta. Tamén se realizarán cuestións despois da exposición co fin de valorar tanto os coñecementos adquiridos polo alumno como a súa capacidade crítica.
Prácticas de laboratorio O alumno poderá desenrolar unha serie de exemplos experimentais en función dos recursos materiais e disposición de laboratorios dacordo co calendario de coordinación ou ben exemplos computacionais dos aspectos desenrolados nas clases teóricas. Tamén poderá analizar e xestionar información dispoñible a un nivel especializado de procesos sostibles ben recollidos na bibliografía ou ben nun laboratorio de investigación (ex. CICA) e elaborar un informe de carácter científico.
Proba mixta Realizaráse unha proba escrita que constará de varias preguntas a desenrolar polos alumnos para evaluar o nivel de competencias adquiridas durante o curso polo alumno.
Proba obxectiva Periódicamente, nas sesións maxistrais, se realizarán varias probas curtas destinadas á avaliación continuada do alumno.
Proba de resposta múltiple De maneira regular faránse test de atoevaluación (a través da plataforma Moodle) que consistirán en formular unha pregunta directa con varias opcións ou alternativas de resposta que proporcionan posibles solucións, das que só unha delas é válida.
Sesión maxistral O curso consta de unha serie de sesións de aula onde se expoñerán os principios xerais de cada tema. A bibliografía e o material para seguir de forma máis adecuada as clases estará disponible previamente naa plataforma Moodle. Algunhas de estas clases tamén se dedicarán á resolución de cuestións propostas con antelación ao alumno a fin de que éste poida traballar sobre eles antes da correspondente sesión.