Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A8 B1 B7 B10 C2 C3 C4 Valórase e evaluación continua do alumno mediante preguntas e cuestios, asemade a asistencia e participación 20
Proba mixta A1 A8 B7 B10 Exame escrito con exercicios integrados das diferentes técnicas de RMN, masas e RX expliacadas nas clases presenciais. 55
Seminario A2 A3 A7 A8 A9 B2 B4 B5 B7 B11 C1 C3 C4 Contaránse resolución de problemas, casos prácticos e exposicións que serán entregados o alumno/a previamente. Seguiránse as explicacións e os exemplos explicados na clase, para resolver este tipo de exercicios. 25
 
Observacións avaliación

A realización do conxunto de actividades do bloque relacionado cos seminarios e traballos tutelados  por parte do alumnado é fundamental para superar con éxito a asignatura. Nas clases de seminario traballarase sobre todo a resolución de problemas. Os problemas e o calendario de clases en que se resolverán devanditos problemas estarán a disposición do alumnado no aula virtual da asignatura. Os alumnos deberán intentar resolvelos de forma autónoma, entregando a solución no aula virtual con antelación ás clases. Posteriormente, as solucións analizaranse nas clases. Nos seminarios tamén se propoñerán exercicios breves para resolver no momento, que servirán para focalizar os temas discutidos e que se terán en conta na avaliación. 

Aconséllase que o alumnado utilice a bibliografía recomendada. O profesorado aconsellaralles as seccións de cada libro que sexan máis adecuadas para cada tema. En caso de atopar dificultades, os alumnos poderán suscitar as súas dúbidas tanto nas clases como nas tutorías.