Temas Subtemas
Asistencia a actividades formativas - Cursos, seminarios e conferencias sobre temas avanzados en Química, impartidas por especialistas nacionais e internacionais de acreditada solvencia no ámbito da investigación química, co obxeto de proporcionar aos alumnos una visión global e actualizada dos aspectos máis novedosos e os avances máis significativos no ámbito do Máster.
- Simposio científico: Conferencias invitadas, impartidas por conferenciantes relevantes, preferentemente profesores visitantes. Comunicacions orais, nas que os estudiantes presentarán os aspectos máis relevantes da investigación realizada ó
longo do curso académico. Sesions de carteis, en que cada estudiante presentará un cartel relativo ó tema de investigación de Traballo de Fin de Máster.
- Tratamento da información e presentación de resultados científicos.
- Visitas a empresas relacionadas cos contidos da materia, en función dos recursos económicos dispoñibles, e buscando no posible unha integración cos contidos de outras materias do Módulo 1. O obxetivo das visitas é conectar os contidos da
materia coa realidade industrial e a investigación na industria. Visitaranse empresas do sector químico e alimentario así coma organismos dedicados ó control da contaminación.
NOTA: Os contidos e as metodoloxías da materia están suxeitos á dispoñibilidade de recursos humanos e medios materiais, polo que pode ser necesario axustalos ás circunstancias particulares de cada centro, o que levarase a cabo coa suficiente antelación para garantir a adquisición das competencias da materia por parte dos alumnos, e lles será adecuadamente comunicado.