Metodoloxías Descrición
Seminario Seminarios realizados con profesorado propio do máster ou con profesionais invitados da empresa, a administración ou outras universidades. Sesións interactivas relacionadas coas distintas materias con debates e intercambio de opinións cos alumnos. Ademais, realizarase polo menos unha visita de campo a un laboratorio clínico ou toxicológico.
Proba obxectiva Realización das diferentes probas para a verificación da obtención tanto de coñecementos teóricos como prácticos e a adquisición de habilidades e actitudes.
Traballos tutelados Realizarase un traballo sobre un caso práctico. Elaborará un informe e unha exposición oral do traballo. Incluíndo debates con profesores e o resto do alumnado.
Sesión maxistral Clases presenciais teóricas. Clases expositivas complementadas coas ferramentas TIC que o profesorado considere mais indicadas en cada sesión.