Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta A25 A23 A20 A16 A15 A12 A9 A6 A3 A1 B1 B3 B7 C1 C2 Consistirá nunha proba sobre contidos teóricos. A calificación mínima requerida para superar esta proba é de 5 puntos sobre 10 50
Solución de problemas A15 A20 A23 A24 B7 C1 C2 C3 C7 A avaliación incluirá cuestionarios de problemas 20
Prácticas de laboratorio A12 A15 A16 A23 A27 B1 B3 B4 B5 B7 C1 C2 C6 A avaliación incluirá cuestións a desenrolar durante as prácticas e unha proba sobre formas cristalográficas 30
 
Observacións avaliación

A asignatura estará dividida en dúas partes: unha centrada no estudio da cristalografía, e outra centrada na mineraloxía. Cada unha de estas mitades terá asignada na calificación final a metade da porcentaxe de cada actividad mencionada arriba.

Para superar a materia é requisito imprescindible obter unha calificación mínima de 5 puntos sobre un máximo de 10 en cada unha das actividades avaliables para cada unha das metades da asignatura. En caso contrario, a asignatura non será superada. No caso de que a calificación media entre todas as actividades sexa maior que 5, pero non se superara algunha das actividades evaluables, a calificación que aparecerá na acta será de 4.

Unha vez superadas todas as actividades, a nota final calcularase da siguinte forma: a proba mixta suporá un 50% da nota final, as actividades de laboratorio suporán un 30%, e a resolución de problemas contribuirá co 20% restante. A asistencia a clases e prácticas de laboratorio, e a entrega de problemas son obrigatorias para ser evaluados. A ausencia inxustificada a unha das sesións de laboratorio, ou a unha actividade de grupo pequeno suporá a descalificación da asignatura.
O alumno será declarado NON PRESENTADO só se non asiste a ningunha das actividades cuxa avaliación supón máis dun 10% da cualificación final.

As Matrículas de Honra serán outorgadas só aos estudantes que sexan evaluados ao longo do curso e superen a correspondente avaliación en calquera das dúas oportunidades, ata
alcanzar o máximo de Matrículas de Honra posible segundo a normativa da
institución.

As calificacións de prácticas de laboratorio e traballos en grupo reducido conservaranse na segunda
oportunidade, mentres que a calificación da proba mixta da segunda oportunidade
substituirá á obtida na primeira. 
Os alumnos con recoñecemento de dedicación a tempo parcial non terán a obriga de asistir ás clases teóricas nin ás actividades de grupos reducidos, aínda que a súa asistencia a prácticas sí será obrigatoria. A porcentaxe da calificación correspondente ás actividades de grupo reducido será asimilada á calificación da proba mixta tanto na primeira como na segunda oportunidad.