Datos Identificativos | 2020/21 | |||||||||||||
Asignatura | Química Xeral 1 | Código | 610G01007 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 1º cuadrimestre |
Primeiro | Formación básica | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Proba obxectiva | A1 A2 A3 A6 A8 A12 B2 B3 C1 | Periódicamente, realizaranse probas curtas de tipo test ou de resposta breve, de acordo co indicado no apartado de Metodoloxía. | 25 |
Obradoiro | A1 A2 A3 A6 A8 A12 B2 B3 B5 C1 | A realización do traballo previo será imprescindible para poder ser avaliado no Obradoiro correspondente. Nesta actividade terase en conta a participación activa e o nivel de coñecemento demostrado polo alumnado na proba de resposta múltiple que se realizará ao final de cada obradoiro. |
15 |
Proba mixta | A1 A2 A3 A6 A8 A12 A14 B2 B3 C1 | Consistirá nunha proba de conxunto que se celebrará á fin do semestre. Constará tanto de preguntas a desenvolver, como de preguntas tipo test, formulación e problemas. Estes serán similares aos plantexados ao longo do curso. |
40 |
Solución de problemas | A1 A2 A3 A6 A8 A12 A14 B2 B3 C1 | A realización do boletín será imprescindible para poder ser avaliado na clase de problemas correspondente. Nesta actividade avaliarase a participación activa e o nivel de coñecemento demostrado polo alumnado, tanto ao resolver os exercicios, como no debate cos seus compañeiros. |
15 |
Lecturas | A1 A2 A3 A6 A8 A12 A14 A25 B4 | Avaliarase o aprendido na lectura mediante un test que se realizará no Moodle antes de cada tema, tras ler as lecturas recomendadas. | 5 |
Observacións avaliación | |||
Para superar a materia será necesario conseguir polo menos 50 puntos entre as diferentes actividades avaliables (proba mixta, probas obxectivas, lecturas, solución de problemas e obradoiros), así como obter unha cualificación mínima de 20 puntos (sobre 40) na proba mixta. De non alcanzarse dita puntuación mínima na proba mixta, no caso de que a media sexa superior ou igual a 50 puntos (sobre 100) a materia figurará como suspensa (4.5). Para obter a cualificación de non presentado, os alumnos non poderán participar en máis dun 25% das clases de solución de problemas e dos obradoiros, nin realizar a proba mixta. Na segunda oportunidade repetirase a proba mixta e as actividades presenciais suxeitas a avaliación nas que non obtívose o aprobado (non se inclúen nin obradoiros, nin clases de solución de problemas). A cualificación final calcúlase de acordo coas porcentaxes establecidas e as restricións previamente fixadas. O alumnado que sexa avaliado na denominada "segunda oportunidade" só poderá optarse á matrícula de honra se o número máximo destas para o correspondente curso non fose cuberto na súa totalidade na "primeira oportunidade". No caso de cirscunstancias excepcionais, objetivables e adecuadamente justificadas, o profesor responsable podería eximir total ou parcialmente a algún membro do alumnado de concorrer o proceso de avaliación continua. O alumnado que se atopase nesta cirscunstancua deberá superar un exame específico que non deixe dúbidas sobre a consecución das competencias propias da materia. Para o alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, a cualificación obtida nas actividades asociadas ao sistema personalizado de tutorías corresponderase coa avaliación da metodoloxía de probas obxectivas, é dicir co 25% da cualificación final. O 75% restante da devandita cualificación final será determinada a través dos resultados obtidos polo alumno na proba mixta. Polo que se refire a sucesivos cursos académicos, o proceso de ensino-aprendizaxe, incluída a avaliación, refírese a un curso académico, e por tanto volvería comezar cun novo curso, incluídas todas as actividades e procedementos de avaliación que fosen programados para o devandito curso. |