Datos Identificativos | 2016/17 | |||||||||||||
Asignatura | Química 3 | Código | 610G01009 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 2º cuadrimestre |
Primeiro | Formación básica | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias | Descrición | Cualificación |
Sesión maxistral | A1 A4 A5 A6 A7 A12 A16 A21 A25 B2 B3 B4 | Valorarase a participación dos alumnos na aula. Tamén realizaranse periodicamente probas curtas nos seminarios e/ou nas sesións maxistrais para avaliar a evolución do alumno. | 5 |
Prácticas de laboratorio | A7 A12 A16 A17 A19 A20 A23 B3 B4 B5 C1 C3 | Valorarase a realización dos prelaboratorios, as capacidades e destrezas do alumno na realización do traballo experimental, a súa capacidade para interpretar os resultados obtidos, a elaboración do diario de laboratorio, etc. |
20 |
Seminario | A1 A5 A6 A21 A25 B2 B3 B4 B5 C3 | Valorarase a participación do alumno, a resolución de boletíns de cuestións e/ou problemas, cumplimento de datas para a súa entrega ou revisión. Tamén realizaranse periódicamente probas curtas nos seminarios e/ou nas sesións maxistrais para avaliar a evolución do alumno. | 10 |
Proba mixta | A1 A4 A5 A6 A20 A21 A25 B3 C1 | Valorarase a capacidade do alumno de expresar, resumir e desenvolver aspectos teóricos da materia así como a resolución de problemas ou exercicios numéricos. Tamén se valorarán cuestións relacionadas coas prácticas de laboratorio. |
65 |
Observacións avaliación | |||
-Para superar a materia será necesario obter unha calificación global superior ou igual a 5 puntos (sobre 10), en calquera das dúas oportunidades. Non poderán superar a materia aqueles alumnos que obtivesen unha calificación inferior a 4 na proba mixta e nas prácticas de laboratorio. E no caso de non alcanzar dita puntuación mínima -A realización das prácticas é condición necesaria para superar a materia. -Na primeira e segunda oportunidade, os alumnos que fixesen as prácticas e obtivesen menos de un 5, terán a oportunidade de realizar, ademáis da proba mixta, unha proba específica relacionada coas prácticas de laboratorio. A calificación desta proba específica sustituirá á calificación obtida nas prácticas para calcular a calificación global. -Os alumnos que non participen nas actividades dos seminarios e sesións maxistrales obterán unha calificación de 0 neste apartado (15% da calificación global) nas dúas oportunidades. Na segunda oportunidade manterase a calificación obtida durante o curso para calcular a calificación global. Alumnos con recoñecemento de adicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia: A realización das prácticas de laboratorio será obrigatoria e será facilitada dentro da flexibilidade que permitan os horarios de coordinación e os recursos materiais e humanos. Consideraranse exentos das sesións maxistrais, aínda que se lles facilitará a asistencia ao maior número posible de seminarios. Deste xeito, este alumnado será avaliado mediante as cualificacións obtidas nas prácticas de laboratorio (20%), na proba mixta (70%) e nas actividades desenvolvidas nos seminarios (10%). De non poder asistir aos seminarios o alumno realizará un traballo titorizado. Isto aplicarase a ámbalas dúas oportunidades. |