Metodoloxías
Prácticas de laboratorio
Solución de problemas
Descrición
As clases de solución de problemas e prácticas de laboratorio están concebidas coma actividades en grupos reducidos nas que o alumno participa directamente. Deste xeito realízase unha atención personalizada dos alumnos permitindo un mellor seguimento e orientación.
Ademáis, ao longo do cuadrimestre programarase unha titoría individual de aproximadamente media hora de duración. Nesta titoría o profesor resolverá as dúbidas que o alumno atope no estudio da materia e poderá analizar se o proceso de aprendizaxe do alumno é axeitado.
Os alumnos poderán facer uso do horario de titorías para realizar calquera consulta ou dúbida acerca da materia.

O alumnado con recoñecemento de adicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia será atendido en réxime de horas de titorías (previa cita).