Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio A7 A16 A17 A19 A20 A22 A23 A26 B3 B4 B5 C3 C6 Avaliación diaria do traballo do alumno: actitude, orde, atención, corrección no traballo experimental.
Avaliación ao final das prácticas: avaliación do diario de laboratorio (respostas ás cuestión relacionadas coas prácticas).

25
Sesión maxistral A7 A15 A21 A22 A23 A24 B3 C6 C7
0
Seminario A15 A16 A20 A21 B1 B2 C7 Actitude e participación na aula. Demostración de que se ten feito o traballo individual antes do seminario.
10
Proba mixta A7 A20 A21 A24 B2 C1 Resposta ás cuestións teóricas. Grao de concreción e corrección na resposta.
Realización correcta dos exercicios numéricos. Proceso de cálculo correcto e resultado final exacto.

65
 
Observacións avaliación

Para superar a asignatura plantéxanse dous requisitos básicos: (i) asistencia a tódalas actividades evaluables e (ii) alcanzar unha calificación mínima nas actividades evaluables (5 puntos sobre 10). As probas mixtas consistirán en dúas partes, unha con cuestións teóricas e outra con exercicios numéricos, cada unha de las constitúe unha actividade evaluable. Xa que logo, de non acadar a puntuación mínima nalgunha delas, no caso de que a media sexa superior ou igual a 5 (sobre 10), a asignatura figurará como suspensa (4).

Unha vez rematados os primeiros temas farase unha proba mixta co obxectivo de que los alumnos que a superen (5 puntos sobre 10 en cada unha das partes) podan reducir a cantidade de materia da que se examinarán na primeira oportunidade.

O alumno obterá a calificación de Non Presentado cando teña feito menos do 25% das actividades evaluables. Para superar a asignatura terán que facerse, e superarse, as prácticas de laboratorio.

As cualificacións das prácticas de laboratorio e dos seminarios conservaranse na segunda oportunidade de xullo.

As cualificacións da proba mixta da segunda oportunidade (xullo) substituirán ás obtidas na proba mixta da primeira oportunidade (xuño), cos mesmos criterios. Polo que atingue aos sucesivos cursos académicos, o proceso de ensino-aprendizaxe, incluída a evaluación, refirese a un curso académico e, xa que logo, voltaría a comezar cun novo curso, incluindo as actividades e procedimentos de evaluación que sexan programados para o devandito curso.

Os alumnos evaluados na segunda oportunidade só poderán optar á matrícula de honra se o número máximo destas para o correspondente curso non se ten cuberto na súa totalidade na primeira oportunidade.

O alumno con recoñecemento de adicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia será avaliado únicamente mediante as cualificacions obtidas nas probas obxectivas (75%) e nas prácticas (25%). Isto aplicarase a ámbalas dúas oportunidades