Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba obxectiva A1 A8 A14 Realizanse tres probas curtas ao longo do cuadrimestre que poderán combinar preguntas de resposta múltiple ou de resposta breve.
- Primeira proba nas primeiras semanas do cuadrimestre: avaliase a aprendizaxe asociada aos contidos iniciais desenvolvidos na materia, os fundamentos básicos de Química Cuántica. Terá un peso de un 5% na cualificación final.
- Segunda proba a mediados do cuadrimestre: avaliase a aprendizaxe asociada a aplicación da Química Cuántica a sistemas sinxelos.Terá un peso de un 10% na cualificación final.
- Terceira proba a finais do cuadrimestre: avaliase a aprendizaxe asociada á aplicación da Química Cuántica a átomos e moléculas.Terá un peso de un 10% na cualificación final.
25
Proba mixta A1 A8 A12 A14 A15 A21 B2 B3 Avalíase a aprendizaxe asociada a todos os contidos desenvolvidos na materia nas data oficial aprobada en Xunta de Facultade.
Proba con dúas partes diferenciadas, unha que inclúe preguntas de resposta múltiple ou de resposta breve (50%) e outra de desenvolvemento e resolución de problemas (50%).

60
Prácticas de laboratorio A1 A8 A21 C1 C3 Avalíase a capacidade para resolver unha serie de problemas prácticos propostos, relacionados cos contidos de Química Cuántica, empregando programas informáticos de uso habitual en cálculos científicos.
Avalíase tamén a presentación final escrita dos resultados obtidos.
10
Traballos tutelados A1 A8 A16 B2 B3 B5 C1 C3 Avalíase a resolución das actividades non presenciais propostas e a participación activa na tutoría presencial.
Só os estudantes que asistan de xeito regular aos seminarios (80%) poderán participar e ser avaliados nesta actividade.
5
 
Observacións avaliación

Requisitos para aprobar a materia:

- É requisito imprescindible realizar as prácticas para poder aprobar a materia. 

- Para poder realizar as prácticas da materia é necesario a asistencia regular ás clases maxistrais.

- Para superar a materia é necesario acadar unha cualificación mínima de 4.5 (sobre un máximo de 10) na proba mixta final e a cualificación final, considerando tódalas metodoloxías de avaliacion, ser igual ou superior a 5 (sobre un máximo de 10).

- De no ter acadada a cualificación mínima de 4.5 na proba mixta final, a materia figurará como suspensa, aínda que a media das calificaciónes obtidas nas distintas metodoloxías sexa superior a 5 (sobre un máximo de 10), en cuxo caso a cualificación final outorgada será de 4.5.

Cualificación "non presentado":

- A cualificación de non presentado terana aqueles alumnos que non realizaren as prácticas nin a proba mixta final.

Segunda oportunidade:

- A segunda oportunidade de xullo enténdese como unha segunda oportunidade de realización da proba mixta final. Consecuentemente, mantéñenseas cualificacións das prácticas de laboratorio, das probas obxectivas e dos traballos tutelados obtidas ao longo do curso, mentres que a cualificación da proba mixta da segunda oportunidade substituirá a obtida na proba mixta da primeira oportunidade.

-Os alumnos que sexan avaliados na chamada "segunda oportunidade" só poderán optar a matrícula de honra se o número máximo de estas para o correspondente curso non se cubriu na súa totalidade na"primeira oportunidade".

Estudantes con recoñecemento de dedicación a tempo parcial:

Aplícanse os mesmos criterios de avaliación indicados anteriormente.

Estudantes con dispensa académica de exención de asistencia (de acordo coa normativa da UDC):

Están exentos da asistencia regular as clases maxistrales en aula e da realización dos traballos tutelados e as probas obxectivas.

A asistencia ás prácticas é obrigatoria para poder superar a materia. Facilitarase, na medida do posible, a elección do grupo de prácticas co gallo de adaptar as datas á dispoñibilidade do estudante.

A cualificación final será a suma do 10% da cualificación obtida nas prácticas e o 90% da calificación obtida na proba mixta. Estas porcentaxes de cualificación aplicaranse ás dúas oportunidades.

A cualificación de "non presentado" terana aqueles alumnos que non realizaren a proba mixta final.