Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio A27 A25 A23 A22 A20 A19 B1 B3 B4 C3 C6 Na avaliación desta actividade tense en conta o traballo de laboratorio e o Informe de resultados:
-Entrevista no laboratorio, previa ao desenvolvemento do experimento, que reflicta a comprensión do sistema químico, a metodoloxía a aplicar, a técnica empregada e a seguridade necesaria.
-Desenvolvemento do experimento no laboratorio: planificación, toma de datos e análise dos mesmos.
-Informe de resultados que serán avaliados en termos de presentación, tratamento cuantitativo e explicación dos resultados en base a modelos teóricos.
20
Proba mixta A1 A3 A4 A10 A14 A20 Proba escrita para responder a preguntas teóricas e resolver exercicios relacionados cos contidos das clases teóricas, seminarios e prácticas.
É necesario realizar as prácticas e superar a proba mixta para superar a materia. A nota obtida nunha actividade superada manterase só nas restantes convocatorias do curso académico (segunda oportunidade).
Se non se aproba a proba mixta, aínda que a nota media das actividades sexa superior a 5, a cualificación numérica que figura no Acta será a da proba mixta.
O estudante obterá a nota de Non presentado cando non realice as prácticas e, polo tanto, tampouco se presente á proba final.
Os estudantes que soliciten unha convocatoria anticipada para decembro rexeranse por esta mesma guía docente.
80
 
Observacións avaliación

-A asistencia a totalidade das prácticas de laboratorio e a entrega do correspondente Informe son actividades obrigatorias pa todo o alumnado.

 -A asistencia os seminarios non e obrigatoria para o alumnado con dispensa académica. 

 -Para superar a asignatura será necesario obter unha nota non inferior a 5.0 sobre 10 en todas as actividades evaluables.

 -A calificación de matrícula otorgarase preferentemente na primeira oportunidade.

 -Segunda oportunidade: repetición da proba mixta sobre contidos dos seminarios, prácticas e clases de teoría.