Metodoloxías
Prácticas de laboratorio
Seminario
Traballos tutelados
Presentación oral
Descrición
Na fase de prácticas de laboratorio realizaranse varias sesións de atención personalizada, esto é, sesións de atención individualizada na que o alumno será entrevistado polo profesor. Esta atención individualizada incluirá dúas sesións de atención personalizada que se realizarán previamente ao comezo do traballo experimental e despois da planificación e revisión bibliográfica que realizará o alumno para cada unha das prácticas.
i) Na primeira sesión, o alumno/a discutirá co profesor as conclusións ás que chegou na etapa de preparación do experimento. Se o profesor avalía positivamente o traballo do alumno, éste será autorizado a comezar o traballo experimental.
ii) Unha sesión de atención personalizada ao finalizar as prácticas de laboratorio co fin de avaliar o traballo do alumno e orientalo sobre as posibles carencias na súa formación.
Ademáis, o alumnado poderá acudir a titorías a petición propia cantas veces desexe e nos horarios de tutoría do profesor e/ou nos horarios máis convenientes para o alumnado.