Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A1 A9 A10 A15 A20 A23 A26 B2 B3 B4 C1 C3 Nos traballos tutelados avaliarase o traballo autónomo realizado polo alumno para a preparación das prácticas de laboratorio. Durante as tutorías os alumnos terán que expor parte das conclusións do informe, valorarase a calidade da exposición así como a participación activa na resolución dos problemas expostos.
A cualificación desta parte incluirá a avaliación do caderno de laboratorio.
40
Prácticas de laboratorio A1 A4 A9 A15 A16 A17 A18 A19 A20 A21 A22 A23 A24 A26 B2 B3 B4 C1 Levarase a cabo unha avaliación continua do traballo no laboratorio onde se terá en conta o interese e dedicación do alumno, a adecuada planificación e organización do traballo, o respecto ás normas de seguridade e a destreza alcanzada nas operacións de laboratorio.

30
Proba mixta A1 A4 A9 A10 A15 A18 A19 A20 A21 A22 A23 B2 B3 B4 C1 Prográmase unha proba mixta, na que o alumno deberá explicar por escrito como levaría a cabo unha experiencia similar ás prácticas realizadas no laboratorio. A partir dos datos fornecidos no enunciado (descrición e cantidades dos materiais de partida e estrutura dos produtos a sintetizar) terá que: (1) realizar todos os cálculos necesarios, (2) propor procedementos experimentais adecuados para a preparación e purificación de compostos, (3) describir as montaxes requiridas e (4) propor mecanismos de reacción que permitan explicar os procesos implicados.

30
 
Observacións avaliación

A asistencia á sesión de presentación, as prácticas de laboratorio, as entrevistas e o exame son obrigatorios. Para aprobar a materia é necesario obter unha cualificación maior ou igual que 5 e un rendemento mínimo do 40% en cada unha das actividades. Os estudantes cuxo rendemento media supere 4,9 puntos e que non cumpran co rendemento mínimo en calquera das actividades serán avaliados como "non aptos" e recibirán a cualificación de 4,9. Só se cualificará como "non presentado" aos estudantes que participaran en actividades que sumen menos do 25% de la calificación
final.

As cualificacións obtidas nas entrevistas e nas prácticas de laboratorio manteranse na segunda oportunidade de xullo de 2018. Na segunda oportunidade, os estudantes poderán presentarse a unha nova avaliación da proba mixta para establecer o 30% da nota. De acordo coa normativa académica, os estudantes avaliados na segunda oportunidade, só poderán optar a Matrícula de Honra se o número máximo destas non se completou na primeira oportunidade.

O proceso de ensino e aprendizaxe, incluída a avaliación, refírese a un ano académico e comeza con cada ano académico, incluíndo todas as actividades e procedementos de avaliación programados para ese curso.

No caso de circunstancias excepcionais, obxectivables e adecuadamente
xustificadas, o Profesor Responsable podería eximir total ou
parcialmente a algún membro do
alumnado de concorrer ao proceso de avaliación continuada. O alumando
que se atopara nesta circunstancia deberá superar un exame específico
que non deixe dúbidas sobre a consecución das competencias propias da
materia nas duas oportunidades.