Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Seminario A1 A9 A10 A13 A14 A15 A16 A21 A24 A25 B1 B2 B3 B4 B6 B7 C1 C3 C4 C6 C7 C8 Valorarase a participación activa do alumno na resolución dos problemas dos boletines, así como os exercicios entregados. 20
Saídas de campo A17 A18 A19 A20 A21 A22 A23 A26 Valorarase a asistencia así como o informe final de actividade. 5
Prácticas de laboratorio A17 A18 A19 A20 A21 A22 A23 B6 C2 C6 C7 valorarase a asistencia así como o informe final da actividade 5
Sesión maxistral A1 A9 A10 A13 A14 A15 A16 A21 A24 A25 B1 B2 B3 B4 B6 B7 C1 C2 C3 C4 C6 C7 C8 Valorarase a asistencia e participación nas clases de exposición de contidos 10
Proba mixta A1 A13 B2 B3 B4 B6 C1 C2 Valoraranse as respostas aportadas no exame escrito.
60
 
Observacións avaliación

A asistencia ás saídas de campo e ás prácticas é obrigatoria excepto para os alumnos con matrícula a tempo parcial ou exención académica, que poderán substituír estas actividades por tarefas relacionadas non presenciais.

Para que un alumno poida obter a cualificación de "Non presentado" non poderá realizar actividades cun cómputo superior ao 50% na avaliación ou non presentarse á proba mixta. O alumno disporá de dúas oportunidades, e os alumnos que non superen a materia na primeira oportunidade conservarán a cualificación obtida no traballo de seminario, saída de campo e exposición oral, e realizarán unha segunda proba mixta nas datas determinadas polo calendario fixado pola Xunta de Facultade. Os alumnos que sexan avaliados na segunda oportunidade só poderán optar á matrícula de honra se estas non foron cubertas na primeira oportunidade.

O proceso de ensino-aprendizaxe, incluída a avaliación, refírese a un curso académico e por tanto volve comezar cun novo curso académico, incluíndo todas as actividades e procedementos de avaliación que se programen para devandito curso.