Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais Presentación da materia e das metodoloxías e criterios de avaliación que se van empregar no curso.
Sesión maxistral Exposición por parte do profesor dos contidos teóricos da materia
Solución de problemas Nestas sesións abordarase a resolución de exercicios prácticos relacionados co deseño de algún dos equipos empregados no tratamento dos contaminantes.
Prácticas de laboratorio Realizaranse prácticas no laboratorio nas que se estudarán sistemas de tratamento experimentais.
Proba mixta Ao final do curso, nas datas previstas para elo, realizarase unha proba escrita que formará parte da avaliación.